Desde o tren en marcha
ves pasar o mundo devastado
e dás un último bocado insolente
que te aproxime ao canibalismo,
para con honrada indiferencia
permanecer absorto
agardando, tamén, que alguén te devore.
Lino Braxe
-Observación da epiderme-
Dille que a miro dende lonxe,
curuxa de ningures,
dille que a confusión apremia,
que latexo nas meniñas,
que fervo nas veas.
Rapariga, profánate.
Son eu, espera.
E chega.
-Adquicisión violenta-
Camiñas durmida, soñas esperta,
ouveas o silencio, tremes, non si?
Baudelaire, ambrosía
ispes as verbas.
Os beizos fragmentados, as cadeiras desertas.
Mais non te sintes, e entón...esgazas.
Merda, carraxe, punk,
esquerda-dereita,
circunvalacións de imaxes inconexas,
dentes-ácido-regra.
Palpas as meixelas, o pescozo, deslizas,
os seos.
E os músculos ténsanse; acouga.
Varar no cosmos, ficar na guerra.
Acracia,
mais de quen son estas arterias?
Nirvana mariño.
-Fagocitose de algas secas-
E aquí voltamos ao útero,
augamar de sal e transparencias,
con lunares quedos e frente baleira,
disque co corpo cicatrizado
e os ollos dun verde turbulento.
Insomnio de estrelas.
Transmigración de correntes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario