O Moucho

Nada
Nós non somos
Nin seremos
Nin quixemos

A miña xente camiña pola rúa,
camiña pola rúa a miña xente.
E non ven. E non son.
Ou son pero non saben ser.
Que saben?
Quen debe sabelo?
Ninguén

Máis aló do tránsito mundano,
só hai carne.
Carne e dentes.
E camiñan, camiñan.
Con seus cans, coa súa sombra.
Con tatuaxes nos ollos
(con hipotermia nas xemas)
ergueitos
descoñecidos
estranxeiros.

Nada, representación gráfica do baleiro.
N-a-d-a, nihil.
A nada non é nada, senón letras.
As letras, logo de sons, materia.
E a materia coma todo, morte.
Saúdemos.
E que pasa cando a única proposición verdadeira
e posible vómito da íntima conciencia
nace dun cadáver vivo?
Unha futura morte.

Horror, terror.
Esta xente camiña sen saber a maior humillación:
-Freud tamén-
As palabras morren, engánannos.
E ficamos sós,
o río do tempo e máis nós.

Velaquí, amigos, a cópula coa nada
co mundo
e coa xente.
Entre eles paralizado o poeta,
quen nin quixo, nin puido ser.
Non é, só transcorre.
O poeta é un narcisista.

O poeta non é nada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario