Cando só quedan o esqueleto da sociedade
e uns hematíes intoxicados,
preparados para morrer,
o medo atravésame a gorxa.
Porque a morte, sexa quen fose,
é un homicidio contra o narcisismo,
unha obscenidade ante a ignorancia.
O morbo que se presenta
diante das miñas pálpebras,
non deixa dúbida: camiña un cadáver.
Mais este cadáver non ten defunción,
non ten cadaleito.
Camiña e camiña, camiña chorando.
As familias que pise,
as educacións que destrúa,
os cidadáns que ampute.
Pouco importa.
Camiña e camiña, camiña chorando.
E aquí estou eu,
espida no cerebro,
vestida na carnizaría.
Nun desesperado intento por atopar un corpo.
Un corpo igual de asustado,
igual de enfurecido.
Un salvaxe acto de amor,
asimétrico, atípico, adormecido
de fluídos contra o medo.
Un todo.
E entón...esquecidos.
Gran poema de Yolanda Castaño
ResponderEliminar