Se o
paso atroz entre dous silencios,
entre dúas realidades,
deixase abertos os ollos
e non por o contrario as veas,
saltaría.
Rompería a miña pel fragmentada,
nun eufórico intento kamikaze
de penetrar ata o último tecido
de egoísmo, suor e adrenalina.
Unha miserable autoconsolación
de ver o corpo ós pés do reflexo,
non o reflexo ós pés do corpo.
Os cabelo ó Norte,
as pestanas ó Sur,
e aí, na contradición entre os dous,
os cóbados dela.
Sinxelos e pequenos,
etéreos.
Entón os latexos espertan,
os tecidos reconstrúense,
e Ela, eu, nós,
nunha aniquilación paulatina,
mirámonos absortas.
Ti a nena, eu a camiñante,
atopadas, perdidas,
desaparecidas.
Si, definitivamente eu saltaría.
No hay comentarios:
Publicar un comentario